Cultura Vigo al minuto

O Paseo de Alfonso recupera a feira

Feira/Tresyuno ComunicaciónHai «Feira» no Paseo de Alfonso. Trátase dun mercado de produtos tradicionais que se abrirá ao público entre as 10.30 e as 13.30 horas. A inauguración, que foi hoxe, fixouse excepcionalmente, en sábado, xa que dende Outono a feira celebrarase os primeiros domingos do mes.

Apostar pola nosa artesanía e recuperar a vella tradición dos mercados do Casco Vello é a finalidade desta feira na que haberá postos de cesteiros, tecedores de lá e liño, torneiros e xoieiros, e haberá tamén produtos de horta e pan ecolóxicos, tamén de comercio xusto, mel ou conservas ecolóxicas. Paralelamente, realizarase un obradoiro infantil no que o ilustrador Iván R e a deseñadora téxtil Belén Alonso comezarán un traballo comunitario para dar forma á futura mascota da FEIRA, que será confeccionada entre os participantes ao longo dos domingos nos que teña lugar este mercado tradicional.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.