Vigo al minuto

Un segundo grupo de rapaces vaise a Inglaterra a aprender inglés sen o ‘good bye’ do alcalde

 

 

 

Os 50 alumnos sairón pasadas as 6 e media da mañán da Praza do Rei
Os 50 alumnos sairón pasadas as 6 e media da mañán da Praza do Rei

Hoy no me puedo levantar’. Iso é o que debeu pensar o alcalde que, aínda que o tiña anunciado non asistiu, coma o fixo onte a despedir ás 6 e media da mañán ao segundo grupo de rapaces que partiron en bus dende a Praza do Rei ata o aeroporto Sa Carneiro,en Porto, para viaxar desde alí ao Reino Unido para aprender inglés dentro do programa de inmersión lingüística, PILIVIGO 2010. Estes alumnos estarán durante 3 semanas nas localidades de Dereham, Loxley, Norwich, Ramsgate, Swtry, Scarborouhh, Sheiffield, Wymondham e York, ate o 5 de outubro.

O domingo e o luns e martes despegarán os outros tres grupos que faltan ate completar un total de 200 que viaxan ao Reino Unido acompañados de varios monitores.

O programa comezou en 2008, ano no que se concederon 100 becas, que este ano chegan as 250 actuais e as que se suman as 100 bolsas para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas co obxectivo de que todos os nenos da cidade poidan estudar inglés becados polo Concello.

Esta iniciativa didáctica está destiñada a alumos de 4º de ESO dos institutos da cidade a oportunidade de coñecer a lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo.

A participación no programa implica para todo o alumnado beneficiario que teñan incluído o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), importe das viaxes de ida de volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade.

 

 

También te puede interesar