_agenda Agenda

Se vas ao Berbés, mala centola te coma!

Antón Reixa foi o encargado de dar o pregón da festa.
Antón Reixa foi o encargado de dar o pregón da festa.

Non sairá bicho vivo do Berbés este fin de semana. Antón Reixa foi o encargado de dar o pistoletazo de saída á oitava Festa do Marisco de Vigo, na que poderás disfrutar ata o vindeiro domingo do mellor marisco a prezos aptos para todos os petos e coa mellor materia prima imaxinable. «Como vigués e como galego, calvo e bivalvo, síntome inmensamente honrado e agradecido por ser o pregoeiro desta Festa do Marisco», asegurou no seu discurso.

Tras resaltar que Vigo é unha potencia oceánica de vida e marisco, Reixa quixo facer un alarde de orgullo confesando estar convencido de que o comezo de vida intelixente foi cando o primeiro ser humano decidiu alimentarse dunha centola. Escoltado por persoeiros imprescindibles da Independencia de Vigo, como Vázquez Varela, Cachamuiña ou Carolo, o pregoeiro deu paso ao primeiro premio Concello de Vigo-Xornadas Marisqueiras, que recaeu en María do Carme Ríos, «unha muller que se ten caracterizado polo seu traballo e esforzo para facer realidade esta festa».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.