Vigo al minuto

Benestar dará este ano 1.724 becas de comedor e 534 axudas para a compra de libros

comidaA concelleira de Benestar Social, anunciou hoxe que o seu departamento concederá este ano un 14% máis de becas de libros e comedor que o curso pasado. O incremento do orzamento permitiu atender a 2.258 solicitantes, 1.724 son de axudas de comedor e 534 de libros. A edil salientou que nunca antes se concederan tantas becas e precisou tamén que nos dous últimos cursos practicamente se duplicou o orzamento e o número de persoas atendidas. Cada alumno ou alumna recibe unha beca de comedor de 41 euros mensuais e, no caso dos libros, a beca é unha axuda única de 75 euros.

A responsable de Benestar indicou que este ano houbo un incremento do 18% no número de solicitudes presentadas. En previsión desta maior demanda o departamento de Benestar Social xa incrementara o orzamento destinado ás becas de libros e comedor ata os 620.000 euros (200.000 máis dos que incialmente se adicaran o ano pasado), pero aínda así a nacionalista sinalou que debido ao forte incremento de peticións, existe unha lista de agarda de 518 para comedor e 354 para libros. A nacionalista adiantou que a súa concellería ten previsto mover algunhas partidas orzamentarias para achegar outros 45.000 euros e dar resposta a 120 alumnos e alumnas máis de comedor.

También te puede interesar