Vigo al minuto

O alcalde asegura que abrirán en xaneiro as escolas infantís que anunciou que funcionarían este mes

GUarderíaO alcalde anunciou hoxe martes que en xaneiro estarán concluidos os traballos de construcción das tres novas escolas infantís municipais de Tomás Alonso, Casiano Martínez e Mestres Goldar-que sumarán á oferta actual, que está en 280 prazas, case a mesma cantidade, 260, para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Abel Caballero adiantou esta nova nunha visita á escola infantil Atalaia de Teis, unha das catro municipais que veñen operando na cidade nos últimos anos, e indicou que actualmente hai 232 nenos e nenas matriculadas en escolas infantís municipais e precisou que ainda quedan vacantes no turno de tarde, menos demandado polas familias, polo que avogou por continuar ampliando a oferta. Neste sentido avanzou que o próximo mes presentará un novo plan de garderías, incluído nos orzamentos de 2011, para incrementar a oferta do Concello.

As futuras escolas de Tomás Alonso e Casiano Martínez suman un investimento municipal de 246.000 euros e 80 novas prazas en cada unha; e Mestres Goldar terá 100 prazas e un orzamento de 500.000 euros.

Eran para este mes

Nembargantes, non é a primera vez que o Concello adianta que terá terminadas estas ‘garderías’. En abril, o goberno local comprometeuse a que en setembro abrirían catro novos centros, os tres anunciados hoxe de novo polo alcalde e outro máis que ofrecerían un total de 340 prazas, pero a estas alturas de ano só están avanzados os traballos da de Mestre Goldar. A estas súmanse outras promesas, como as escolas do Campus (de 2.000 metros cadrados e capacidade para 80 rapaces), Parque Tecnolóxico, ou na rúa Palencia.

Máis de 1.200 nenos e nenas sen praza

Pero a realidade hoxe é que hay 602 solicitudes para acceder a 280 prazas nas escolas infantis dependientes do Concello, máis de 1.100 para ás 382 prazas nas cinco que dependen da Xunta e preto de 200 por riba das 650 que ofertan as ‘garderías’ que se benefician do coñecido ‘cheque infantil’, semejante ás subvencións a colexios concertados. Isto quere dicir que hai 1.240 nenos en lista de espera para acceder a centros públicos e que os pais que non atopan praza neles teñen que deixar aos nenos nalgunha das 41 escolas privadas que hai en Vigo e que teñen un custo medio de 260 € ao mes.

También te puede interesar