Comarcas Destacados

O teu can terá que ir ao excusado diante de todo o mundo

O cans terán que compartir water no centro.
O cans terán que compartir water no centro.

A idea, manter as rúas limpas, libres de calquera tipo de cheiros e non ter que ir mirando ao chan para andar esquivando as bombas que algunhas mascotas deixan nas beirarrúas co consentemento dos seus donos. Para conseguilo, o concello de O Porriño habilitou un espazo dentro ou próximo aos xardíns e parques da vila para que os cans poidan facer as súas necesidades.

Polo momento xa hai seis wateres para cans no centro urbano (rúa Arquitecto Palacios, o Parque de Gonzalo Ordóñez, o barrio de San Sebastián, a avenida de Galicia, o Parque do Cristo e a avenida Paseo do Louro). Son espazos pechados por un sebe artificial cunha ou dúas entradas e con area e varias prantas no interior.

Os operarios do concello serán os encargados de limpar a zona todos os días para o seu correcto mantemento, aínda que tamén se instalarán dispensadores de bolsas para que se poidan recoller os excrementos e depositalos nos colectores.

También te puede interesar