Galicia

A CIG denuncia que a Xunta reduciu 80 unidades públicas de Educación Infantil e Primaria e subvencionou 18 centros privados

uniformesA CIG denunciou hoxe que a Consellería de Educación ven de suprimir 80 unidades públicas de educación Infantil e Primaria e, con elas, 108 empegos, ao tempo que subvencionou 18 novas unidades en centros privados e concertados. A devandita reducción afecta a 32 unidades en A Coruña, con reducción de 40 empegos, 26 unidades en Pontevedra, con 29 despedimientos, 13 unidades en Lugo, prescindindo a 17 postos de traballo e 9 unidades e 22 postos de traballo en Ourense.

“Esta é unha consellería que emprega os cartos públicos para promover o ensino privado e concertado reducindo os centros e o profesorado público”, comentou a federación de Ensino nunha nota. Entre os novos concertos, “varios deles en concellos nos que se suprimiron unidades no ensino público”, están centros que segregan ao alumnado por razón de sexo, entre eles “As Acacias, Montecastelo e Aloya, en Vigo, ademáis de Montesino e Peñaredonda”. No caso de As Acacias, Educación ven de asinar un novo concerto para realizar un ciclo superior de Formación Profesional.

También te puede interesar