Comarcas Galicia

A CIG denuncia un ERE encuberto nas instalacións de Lonza en O Porriño

Máis do 10 por cento da plantilla despedida. No último ano, a planta que a multinacional farmecéutica suiza Lonza Biologics ten no Porriño despediu a máis de 30 traballadores dun total de 300, polo que a CIG vén denunciar que a empresa está aplicando un Expediente de Regulación de Emprego encuberto sen que se teña feito nada ao respecto.

Os últimos despedidos foron dous traballadores de mantemento e augura que os recortes de persoal continuarán. Polo momento, para non crear alarma na plantilla, están a despedir aos poucos, xa que o máximo que botaron foron 12 persoas á vez. «Están a botar xente a contagotas sen que os representantes dos traballadores teñan feito nada para evitalo», aseguran.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.