Deportes Destacados

A tempada de taekwondo arranca cunha clase maxistral do campión do mundo

O mestre Kim Jeong Chol.
O mestre Kim Jeong Chol.

Pistoletazo de saída á nova tempada de taekwondo na cidade. E nada mellor para estreala que un curso de formación a técnicos, deportistas e xuices a cargo do campión do mundo de técnica, o mestre Kim Jeong Chol. Máis de 60 persoas puideron aprender moito deste destacado deportista e adestrador, xa que actualmente é o técnico encargado de adestrar a Laura Kim, campioa do mundo universitaria.

A partir de agora, a selección galega de combate concentrarase para preparar a Copa do Rei, da que é vixente campión, e o Open Británico de clase A categoría G-2. Ademais, o 6 de setembro os finalistas dos campionatos de España 2009 e 2010 viaxarán á Republica Dominicana para adestrar co equipo nacional dominicano, actual campión dos Xogos Centroamericanos, e cunha enorme calidade. Entre os seus membros, Gabriel Mercedes, subcampión olímpico.

A selección galega de técnica comezou a tempada co curso do Jeong Chol e participará o 11 de setembro no Campionato Galego de Técnica e Exhibición de adultos, clasificatorio para o campionato de España.

También te puede interesar