Galicia

Muse non se resiste a Santiago… nin aos Pet Shop Boys

Muse pisará o Monte do Gozo. Foto: Danny North.
Muse pisará o Monte do Gozo. Foto: Danny North.

O Monte do Gozo. Non podería haber mellor nome para o esceario que vai albergar esta noite a bandas míticas como Muse ou os Pet Shop Boys. Será no Festival Xacobeo 10, que arrancará ás 6 da tarde e ofrecerá 10 horas de música ininterrumpida con seis artistas distintos para facer as delicias dos 25.000 asistentes.

A apertura do festival estará nas mans dos galegos The Right Ons (19:45 h) con sons dos 60 e 70 mesturados con soul-funk. En tan só catro anos de historia xa publicaron dous discos e levaron a súa música por toda Europa, Estados Unidos e Xapón. Tras ‘80.81’, agora presentan o seu novo e aclamado ‘Look inside now’. Por algo os chaman os ‘Kings of Leon españois’.

O músico islandés Jónsi subirá ao escenario ás 21 horas cos temas do seu novo disco, ‘Go’. Herdeiro do post-rock da banda islandesa Sigur Rós, o artista ofrecerá temas ambientais de tonos luminosos na súa parada galega nunha xira que o levará a Bélxica, Dinamarca, Suiza ou Reino Unido.

Xa ás 22:30 horas chega un dos pratos fortes da xornada: Muse. A banda chega a Galicia despois de ser protagonista dalgún dos mellores festivais do mundo. Tras o seu tremento éxito dos últimos anos, os de Devon actuarán en Santiago para presentar os temas do seu último traballo, ‘The Resistance’, cun gran despregue tecnolóxico e musical. Con lexións de fans por todo o mundo, o seu directo deixa sorprendido a calquera pola súa intensidade, pola posta en escea futurista con elementos visuais e polas grandes cancións que crearon e os levaron ao cumio da pirámide do rock.

Ás 01:00 horas será a quenda do dúo británico Pet Shop Boys no que será o peche da súa xira europea. E chega para ofrecer ao público galego unha montaxe espectacular que The Daily Telegraph xa calificou de fascinante e futurista, unha fantasía de danza e son ao estilo de Broadway. Tras 25 anos sobre os escenarios, non defraudarán a ninguén.

También te puede interesar