RGPD - Cookies
Galicia

Deteñen a un home por provocar un incendio en Arteixo mentres limpaba unha finca

Un escape nunha queima nunha finca que estaba a limpar foi o detonante dun incendio o pasado 20 de agosto en Arteixo que queimou 0,26 hectáreas de monte raso. Hoxe a Policía Autonómica detía a M.P.M. como presunto autor do lume e por unha queima sin licenza, xa que nesta época están prohibidas polo alto risco de incendio.

O detido foi posto en liberdade coa obriga de presentarse nos xulgados cando fose requerido. Con este xa son 28 as persoas detidas no que van de ano por delitos relacionados con incendios forestais.

Dous lumes controlados

Mentres, dous novos lumes están sendo controlados polos servizos de emerxencias. Un deles é o orixinado no concello ourensán de Cualedro onte ás 16:15 horas e que queimou preto de 40 hectáreas, segundo as primeiras estimacións. Nas labores de extinción traballaron un técnico, 9 axentes forestasi, 16 brigadas cunhas cen persoas, 11 motobombas, 2 palas, 3 helicópteros e 5 avións.

O outro incendio, en Chandrexa de Queixa, tamén en Ourense, iniciouse onte ás 15:35 horas e deuse por controlado apenas 5 horas despois. Nun principio trataríanse de 48 hectáreas de monte raso afectadas e para a súa extinción están a traballar 1 técnico, 3 axentes forestais, 13 brigadas con máis de 90 persoas, 7 motobombas, 2 palas, 6 helicópteros e un avión.

O que segue activo e un lume en Santa Mariña do Monte, no Barco de Valdeorras, que xa afectou a máis de 50 hectáreas.

También te puede interesar