Deportes Destacados

O Club Baloncesto Seis do Nadal, o mellor de Vigo

Renova o seu liderato, que mantén desde a tempada 2001/2002. Segundo a Clasificación de clubes por puntos da tempada 2009/10 da Delegación Viguesa de Baloncesto, o mellor clube de Vigo e comarca é o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia. Noveno ano consecutivo que consegue este título outorgado tenfo en conta o baremo de puntos en descenso unitario en cada unhas das clasificacións zonais finais.

Un galardón que amosa o excelente traballo de formación do deporte base neste equipo, converténdose nunha das mellores canteiras de Galicia.

También te puede interesar