Agenda Comarcas

Vai tocala gaita a Forcarei

Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, en Forcarei, celebra o seu 31 aniversario este sábado con dous invitados de verdadeiro luxo: o politólogo e fillo predilecto de Forcarei Xosé Luis Barreiro Rivas como pregoeiro (13:30 horas) e o presidente do Grupo Puentes y Calzadas, José Manuel Alonso, como ‘Embaixador’.

Será a primeira vez que a festa conte con embaixador, para o que se buscou unha persoa natural da terra, “de pretixio, que llegustase a Festa do Gaiteiro e o municipio e que se sentise orgulloso do que está a facer”. E Alonso cumpre con todos os requisitos: medalla de Galicia en 2008, amante da súa terra e da gastronomía.

Unha festa cun amplo programa que comezou onte e que levará actuacións durante toda a mañá pola vila. Tras o pregón, ás 13:45 horas, actuación de Manuela Cortizo Medal, que cantará as coplas cos gaiteiros de Soutelo. Ao remate, entrega das medallas oficiais do Gaiteiro 2010 á Banda de Gaitas Xuntanza Galega de Alcobendas-Madrid, a Ramiro Cortizo Taboada, ao Grupo Gadis e a José Luis Barreiro Rivas.

Tras a imposición ao Embaixador da Festa e unhas palabras da presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, a banda de gaitas de Forcarei interpretará o himno galego co voz da cantante Almudena Janeiro. Xa ás 15 horas, haberá que coller sitio para ver o trailer da campaña de Gadis titulada ‘Super Gaiteiro’, para a que buscará en Forcarei ao seu protagonista.

Xa pola tarde, ás 17 horas, actuación de ‘A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo’ antes do XII Concurso de Gaiteiros Avelino Cachafeiro e da actuación do Rancho Folclórico de Vila de Prado de Vilaverde (Portugal). E ás 22:30 horas, concerto na Praza do Gaiteiro en homenaxe a José Firvida Cachafeiro, ‘Maduro’.

10:00 H
10:30 H
11:00 H
11:30 H
12:00 H
12:15 H
13:15 H
13:30 H
13:45 H
14:00 H
14:20 H
14:30 H
14:40 H
15:00 H
17:00 H
17:30 H
18:30 H
PASARRÚAS DAS BANDAS DE GAITAS
APERTURA “FEIRA DE ARTESANÍA”
ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS “BUXAINA” DE TARAGOÑA (RIANXO)
ACTUACIÓN DO GRUPO VAGALUME DE ALCALA DE HENARES
ACTUACIÓN DO GRUPO “LUME NA LAREIRA”
ACTUACIÓN DO GRUPO “O FIADEIRO”
SAUDA DO ALCALDE
PREGÓN POR D. XOSÉ LUIS BARREIRO RIVAS
ACTUACIÓN DE MANUELA CORTIZO MEDAL
ENTREGA DE MEDALLAS
IMPOSICIÓN DO EMBAIXADOR DA FESTA
INTERVENCIÓN DE PILAR ROJO NOGUERA, PRESIDENTA
DO PARLAMENTO GALEGO
ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS DE FORCAREI, INTERPRETARÁN O
HIMNO GALEGO CON VOZ DA CANTANTE ALMUDENA JANEIRO
TRAILER CAMPAÑA GADIS “SUPER GAITEIRO”
ACTUACIÓN DE “A MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEN MEDO”
XII CONCURSO DE GAITEIROS AVELINO CACHAFEIRO “GAITEIRO DE
SOUTELO”
ACTUACIÓN DO RANCHO FOLKLORICO DE VILA DE PRADO DE
VILAVERDE – PORTUGAL
22:30 H
CONCERTO NA PRAZA DO GAITEIRO EN HOMENAXE A JOSÉ
FIRVIDA CACHAFEIRO “ MADURO”
LUME NA LAREIRA
DIPLOMATICOS DO ACORDEON
HABERÁ PULPEIRA E CARPAS
POLA TARDE HABERÁ INCHABLES E XOGOS PARA OS MÁIS PEQUENOS

También te puede interesar