Galicia

Cada voluntario atendeu a preto de 50 peregrinos en dous meses

peregrino-tuiOs 850 vulontarios locais e europeos apostados no camiño este Ano Santo xa atenderon a máis de 35.000 peregrinos só durante os meses de maio e xuño. A súa labor: dar aos peregrinos a información que precisan, ademais de ofrecer unha programación dinámica e diversa a través do voluntario local, o Eu Camiño, o voluntariado da sabedoría, o sanitario e os campos de traballo.

Mentras, os 503 voluntarios locais distribuidos nos distintos camiños atenderon a máis de 5.300 peregrinos neste dous meses. Este plan atópase operativo desde Semana Santa e para tomar parte do mesmo é preciso realizar un curso de formación on-line.

Pola súa banda, o ‘Eu Camiño’, a modalidade máis novidosa na que voluntarios internacionais participan, garanten a atención en distintos idiomas e, ata xuño, foron requeridos por preto de 30.000 peregrinos. Nel participan 30 persoas de 19 países da Unión Europea: Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía.

A terceira das iniciativas que forma parte deste programa específico para o Xacobeo 2010 é o voluntariado da sabedoría na que na actualidade están a participar 120 persoas ao longo do Camiño francés. Os voluntarios son persoas maiores de 65 anos, os máis sabios do lugar, que por este motivo son os encargados de contar aos peregrinos as súas experiencias e vivencias a través de lendas, contos, cantigas e historias que coñezan.

Os campos de traballo, que persegue fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade a través da colaboración en traballos culturais e etnográficos, de animación, ambientais e arqueolóxicos, participan 20 voluntarios. O obxectivo principal é que os participantes nos campos coñezan o que significa o camiño, a súa realidade, a través da convivencia entre eles mesmo e cos peregrinos.

Por último, a quinta modalidade do programa é o voluntariado sanitario. Desde xullo e ata o próximo mes de setembro un total de 40 persoas están a colaborar cos profesionais dos centros de saúde de atención primaria que ten o Servizo Galego de Saúde ao longo do Camiño francés. Para poder participar nesta iniciativa, os mozos e mozas tiveron que realizar un curso de formación teórico-práctico de 90 horas para poder atender as continxencias sanitarias dos peregrinos durante o seu percorrido polo Camiño de Santiago.

A iniciativa organízase en tres modalidades: o voluntariado informativo, cultural e de servizos ofrece basicamente información a través duns puntos fixos situados nos concellos de Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino (do Camiño francés); Tui, A Guarda e Pontevedra (no Camiño portugués); Padrón pola ruta de Arousa; Laza, Ourense, Xunqueira de Ambía e Lalín pola Vía da Prata; Ribadeo e Vilalba do Camiño do Norte; Lugo polo Camiño Primitivo; Mesía polo Camiño inglés; e, por último, Negreira e Fisterra, os concellos representantes do Camiño de Fisterra.

También te puede interesar