Galicia

Apagado o incendio de Boiro despois dunha semana

Tardaron unha semana, pero o incendio rexistrado na parroquia de Santo André de Cures, no concello coruñés de Boiro, quedou definitivamente extinguido. Segundo as primeiras estimacións, moi provisionais, este trataríase dun Gran Incendio Forestal, dado que o lume afectou a preto de 552 hectáreas, case 172 de monte arborado e o resto raso.

Durante estos días traballaron nas labores de extinción 2 técnicos, 17 axentes forestais, 37 brigadas con más de 225 persoas, 12 motobombas, 3 palas, 10 helicópteros e 5 avións antiincendios.

También te puede interesar