Comarcas Cultura

Gadis buscará ao seu supergaiteiro en Forcarei

A Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, en Forcarei, celebra o seu 31 aniversario este sábado con dous invitados de verdadeiro luxo: o politólogo e fillo predilecto de Forcarei Xosé Luis Barreiro Rivas como pregoeiro e o presidente do Grupo Puentes y Calzadas, José Manuel Alonso, como ‘Embaixador’.

Será a primeira vez que a festa conte con embaixador, para o que se buscou unha persoa natural da terra, “de pretixio, que llegustase a Festa do Gaiteiro e o municipio e que se sentise orgulloso do que está a facer”. E Alonso cumpre con todos os requisitos: medalla de Galicia en 2008, amante da súa terra e da gastronomía.

Unha festa cun amplo programa que comezará a noite do venres coa actuación de Fía na Roca. Entre os asistentes, a presenza de ‘Vagalume’, da Asociación Galega de Alcalá de Henares e da lusa Vilaverde de Vila de Prado e a singular homenaxe a ‘Maduro’, José Firvias Cachafeiro.

Ademáis, haberá o concurso Avelino Cachafeiro de gaiteiros solistas, estupendo escaparate para os novos valores; as coplas cos gaiteiros de Soutelo coa creación do cuarteto; a actuación dunha veciña de Barbarén, Manuela Cortizo, que cantará as coplas; a feira de artesanía no Parque Venezuela con 20 artesanos… E Gadisa levará un trailer da súa campaña publicitaria ‘Malo será’ para facer un casting no que elexir ao supergaiteiro da festa.

También te puede interesar