Deportes Vigo al minuto

Espectáculo e vistosidade no Díptico Ciclista desta fin de semana

Catorce equipos participantes, case un centenar de corredores e 120 persoas desprazadas. Todo para participar nunha nova edición do Díptico Ciclista, integrado polo VII Gran Premio Vilas de Pontevedra e o XXXVII Gran Premio Cidade de Vigo, un escaparate extraordinario no que os corredores teñen a oportunidade de amosar a súa preparación e un aliciente para as promesas do ciclismo.

O primeiro torneo, que se celebrará o sábado, será unha carreira de 141,2 quilómetros nun percorrido que sairá dende A Madroa ás 15 horas e levará aos deportistas polos concellos de Redondela, Pontevedra, Pontecaldelas, Covelo, Mondariz, Ponteareas e O Porriño, para chegar a Vigo a partir das 18:30 horas.

Mentras, o domingo celebrarase o trixésimo sétima edición do Gran Premio Cidade de Vigo. Sairá ñas 10:30 horas da rúa Teixugueiras, en Navia, e, tras percorrer 106 quilómetros retornará a Navia a partir das 13:10 horas.

También te puede interesar