Destacados Vigo al minuto

Case 100 millóns de euros para pór a punto o encoro de Eiras

O embalse de Eiras está nestes intres ao 86% da súa capacidade.
O encoro de Eiras está nestes intres ao 86% da súa capacidade.

Abastece a unha zona con 538.477 habitantes, así que non hai deficiencia que se poida permitir. A través do Plan Auga, a Xunta invertirá 97,7 millóns de euros en mellorar o sistema de abastecemento de Eiras, que da servizo aos concellos de Vigo, Redondela, Cangas, Moaña, Nigrán, O Porriño, Mos, Gondomar, Baiona, Salceda e Soutomaior.

Once municipios para os que é insuficiente a capacidade na adución principal para o caudal previsto para 2025, os depósitos contan cunha capacidade de 248.000 metros cúbicos e as conduccións do Morrazo. Ademáis, hai un déficit de producción en estacións de tratamento de auga potable polo que se plantexan facer unha nova infraestructura principal e ampliar as outras.

O sistema de abastecemento de Eiras consta, xunto con este encoro, co de Zamáns para Vigo e Nigrán; Bahiña, un encoro secundario que abastece a Baiona; e seis ETAPs encargadas do tratamento de entre 20 e 1.200 litros por segundo.

Co Plan Auga pretende construirse 4 bombeos principais de 3.170 litros por segundo de capacidade e 8 bombeos máis secundarios; 13 depósitos principais cunha capacidade total de 119.000 metros cúbicos en Cotogrande, Campaneiro, Saiáns, o campus de Vigo, Salceda, Redondela, O Porriño, Mos, Gondomar, Cangas e Moaña; e 7 depósitos secundarios cos que conseguir incrementar a capacidade total nun 50 por cento.

También te puede interesar