Cultura Vigo al día

O Museo Quiñones de León, aberto de par en par á mitoloxía

museo-castrelos/Tresyuno ComunicaciónO Museo Quiñones de León organiza unha nova proposta gratuíta do programa “Domingos de Museo”, centrada nesta ocasión na mitoloxía. A actividade está dirixida aos nenos e nenas e ás familias e na visita, os familiares que acompañan aos rapaces poden participar na actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador.

No percorrido “Landriña descobre a mitoloxía“, a mascota do museo propón unha nova ruta a través dos cadros e obxectos das coleccións que permitirán descubrir os mitos e historias, así como os principais deuses e monstros xurdidos da mitoloxía occidental. Durante a visita a mascota tamén proporá varios xogos de observación relacionados coa temática de este domingo. Para rematar a visita os participantes realizarán unha actividade relacionada coa creación e orixe dos mitos.

Cada domingo, Landriña é a encargada de presentar un itinerario temático polo Museo da Cidade e o seu xardín histórico para amosar as particularidades da colección de arte. O número máximo de participantes na visita dinamizada é de 15 nenos cun máximo de dous acompañantes.

Ademais desta proposta, o Museo da Cidade tamén organiza visitas guiadas ao recinto, os domingos ás 12.30 horas. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer, de xeito ameno, a historia do Pazo Quiñones de León, así como algunhas das súas curiosidades. Como complemento a esta actividade, tamén é posible subir ás torres, dende as que se goza dunha privilexiada visión dos xardíns.

Os percorridos guiados ao xacemento da Villa Romana de Toralla ata o mes de setembro, teñen lugar de martes a domingo de 12 a 20 horas. As visitas ao xacemento de O Castro, pola súa banda, son de martes a domingo de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas.

También te puede interesar