Vigo al minuto

O goberno local denuncia que a Xunta demora a aprobación do Plan Económico de Vigo

Raquel Díaz/Tresyuno ComunicaciónA concelleira de Economía e Facenda reclamou hoxe á Xunta luz verde ao Plan Económico Financeiro municipal presentado polo Concello en xuño.Raquel Díaz explicou que Vigo é «o concello menos endebedado de España» e, a pesares da boa situación económica, o goberno autonómico ainda non respostou ao Plan Económico Financeiro que contemplaría 27 millóns de euros máis das arcas municipais. Pola contra, a edil pediu o mesmo trato para Vigo que para outras cidades como Ourense, cuxo PEF foi validado en tres días.

Díaz recordou que o Concello seguíu as instruccións do Goberno autónomo na procura da «colaboración» institucional e adaptou en Pleno o documento ao Real Decreto de austeridade do Goberno de España, que prohibe endebedarse en 2011, pese a non ser preciso.  A responsable de Economía reiterou que é a obriga da Xunta a autorización do Plan para que o Concello poida executar o seu orzamento. De feito, a ausencia de resposta causou a paralización dos traballos de humanización de Manuel Álvarez, apuntou Díaz.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.