Vigo al minuto

Un vigués pode camiñar sobre humanizacións dende a Avenida de Galicia a Samil

caminando por Vigo/Tresyuno ComunicaciónIso asegurou hoxe o alcalde tras visitar os traballos de humanización de Pi y Margall. Abel Caballero afirmou que esta rúa «clamaba» por unha humanización, mellora de preto dun quilómetro de lonxitude que supón un investimento de 3 millóns de euros do «Plan ZP dous«, e non retirará prazas de aparcamento en superficie. O prazo de finalización da obra é finais de decembro mais a construtora transmite a súa vontade de adiantar un mes os tempos previstos.

O alcalde explicou que o sistema de saneamiento debe tener «en torno a 35 años de antigüedade«, sen separación de pluviais y fecais, unha «calamidade» en termos medioambientais. A humanización permitirá a separación das augas pluviais das fecais e a renovación integral de ambas, ademais dun novo sistema de abastecemento.

A humanización ampliará o espazo destinado aos peóns coas beirarrúas e mellorará a seguridade viaria cunha nova ordenación da sinalización e da calzada que ultima o Concello. O proxecto contempla asemade a instalación de 82 árbores, 120 puntos de luz, 45 papeleiras, e en torno a 25 bancos, xunto coa renovación das redes de servizos soterrados.

Caballero concluíu que, unha vez estea rematada esta mellora e a que está en marcha na rúa López Mora, salvo un pequeño treito, prácticamente, “poderase camiñar por rúas humanizadas dende a Avenida de Galicia ata Samil“.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.