Vigo al día

A Federación Veciñal considera movilizarse para esixir a apertura do albergue

 

FAVEC/Tresyuno ComunicaciónA Federación Veciñal (FAVEC) e a Rede Social Galicia Sur non descartan iniciar movilización en setembro para esixir a apertura inmediata dun Centro de Emerxencia Social. O acordo fraguouse onte, nunha xun tanza na que as dúas entidades coincidiron na necesidade vital desta dotación para a nosa cidade, ao tempo que lamentan o feito de que o sentir unánime da cidadanía de Vigo que a demanda non estea correspondido co necesario consenso político.

Ambas organizacións concordaron tamén ao sinalar que é unha irresponsabilidade grave colocar por riba deste obxectivo calquera outra cuestión. Nese senso para a Federación Veciñal resulta inadmisíbel que se utilice a falta de acordo sobre a ubicación como escusa para adiar sine die a construción do centro, ao tempo que reclaman de todos os axentes implicados que abandonen a espiral de declaracións e pasen das palabras aos feitos, demandando un compromiso e implicación reais.

 Ante a “situación de bloqueo na que está inmerso este tema, pola súa importancia e o debate social que está a suscitar, a FAVEC e a Rede Social Galicia Sur consideraron “unha posíbel convocatoria unitaria de mobilizacións sociais, para o mes de setembro, coa intención de premer ás administracións implicadas a tomar as decisións necesarias que viabilicen a construcción do Centro de Emerxencia Social canto antes. A Federación Veciñal valorará nas vindeiras semanas, en asemblea xeral, esta posibilidade.

 

También te puede interesar