Vigo al minuto

‘Verán de lecer’ oferta 198 prazas para vigueses con discapacidade

DiscapacitadosO tenente de alcalde destacou hoxe o incremento da participación no programa Verán de Lecer, destinado a persoas con discapacidade. Na visita que este luns realizou ás instalacións do Centro Aspanaex xunto á concelleira de Benestar Social, asegurou que este ano se superaron as expectativas respecto ao ano pasado, xa que se pasaron de 140 persoas participantes nos campamentos de 2009 a 198 neste 2010.

O mandatario indicou que Verán de Lecer tenta cumprir dous obxectivos fundamentais para as áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía na liña de acadar a igualdade de oportunidades.
Por outra banda, o tenente de alcalde sinalou o programa tamén ten o obxectivo de “permitir o respiro familiar” aos familiares que coidan ás persoas con discapacidade,para que poidan disfrutar dunhas pequenas vacacións nesta época“, comentou. 

O programa ofreceu o mesmo número de prazas que o ano pasado, aínda que se levou a cabo unha redistribución da oferta xa que se comprobou que a demanda de prazas era superior en agosto que en xullo. Dos 198 participantes neste verán, 67 nenos e nenas o fixeron no campamento de xullo, que tivo lugar no museo Verbum, mentres que 131 participan no progorama que se está desenvolvendo neste mes de agosto no centro Aspanaex.

También te puede interesar