Comarcas Cultura

O Concello de Tui abre o convento de San Domingos coma albergue provisional para peregrinos

NPB 69 AlbergueO antigo convento de San Domingos é dende hoxe  albergue temporal de peregrinos.O novo espazo, posto a dispor polo Concello de Tui ao abeiro do convenio asinado no seu día coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia, foi inaugurado polo alcalde , Antonio Fernández Rocha, xunto ao concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e os edís Manuel Vázquez e Patricia Ricón.

 O albergue temporal que promove o concello tudense conta con 74 prazas (24 en liteiras e 50 en colchonetas) e conta con 9 duchas (unha delas adaptada para discapacitados), aseos e zona de descanso.

 A instalación deste albergue levouse adiante ao abeiro de senllos convenios de colaboración asinados coa S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, por un importe respectivamente de 24.631 euros para a dotación de mobiliario e outro por un total de 60.000 euros para a adecuación dos espazos destinados de forma temporal a albergue de peregrinos.

 O Alcalde valorou positivamente estas obras que posibilitan a rehabilitación integral deste edificio histórico que acolle tamén o centro de interpretación de “Tui, porta do camiño portugués en Galicia”, conformando deste xeito un espazo que evidencia a importancia que o itinerario de peregrinación xacobea suscita na nosa cidade. Amais do valor patrimonial deste inmoble está a súa ubicación no mesmo camiño portugués.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura tudense informou que neste albergue serán acollidos os grupos de ata 74 persoas e os peregrinos que non poidan acceder ao albergue oficial do Xacobeo na nosa cidade por estar completo. Xa hai case unha veintena de grupos que serán aloxados neste albergue ao longo do presente mes de agosto con procedencias moi diversas: Portugal, Cataluña, Pais Vasco, Estremadura, Madrid ou Andalucía.

También te puede interesar