Cultura Vigo al minuto

Vigo Urban dalle cancha aos grupos vigueses

MrCaracterO concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural presentou hoxe o programa Vigo Urban que ten coma obxectivo crear unha plataforma para que os grupos vigueses teñan onde facer a súa música. Este programa comezará mañá coa noite Funk e as actuacións de Mr Caracter (22:30 horas) e de Phantom Club (00:00 horas).

Na presentación do programa, que se desenvolverá dende mañá día 3 ata o domingo 8 na Praza da Estrela, tamén participou o responsable da programación musical Xulio Gómez, da empresa SinSal quen explicou que os grupos agradecen esta oportunidade única de tocar la rúa e nun escenario cun bo equipo e “por iso intentamos non repetir grupos de ano a ano, para dar máis oportunidades”. Gómez lembrou que o programa está dividido por estilos e cada noite está dedicada a un en concreto e, de forma especial, destacou a noite do venres 6 de agosto que estará dedicada á música dos anos sesenta con grupos vigueses e algún de fóra.
O máximo responsable do departamento de Cultura lembrou, por outra banda, que a Semana Grande comeza hoxe mesmo e fixo un repaso por todos os programas que se poñen en marcha para cubrir un amplo abano de públicos (Castro Cativo, Cine, Vigo Folk, Vigo Urban, ou a actividades da Praza da Constitución).

También te puede interesar