Cultura Vigo al día

Malamadre, preso da emoción, ao tomar posesión coma embaixador

Luis Tosar, hoxe en Vigo/Tresyuno ComunicaciónNon se parece a  Malamadre, ainda que ese debe ser o conto: non semellar que un é o que representa na pantalla. Tampouco semella un diplomático, “non me vexo dando as festas do cónsul en Nova Iorque e tampouco son moi diplomático”, pero sí pega co Casco Vello de Vigo “onde estiven tocando con The Ellas” o grupo que lidera e ao que vaise adicar este ano “no que collerei vacacións do cine”, e con ‘O Chavolas’, o bareto no que acababa o equipo dos Luns ao sol, cando rodaron en Vigo.

Con este vagaxe, e tres Goyas, e unha película en Hollywood, e unha humanidade Lugo qaue lle fixo lembrar as súas orixes en varias ocasióons, Luis Tosar foi investido hoxe emmbaixador do Casco Vello de Vigo en todo o mundo, un cargo plenipotenciario que non leva con el retribución nen máis inmunidade que a que teñen os artistas que saben selo.

O lucense amosouse agradecido, e máis cheo de orgullo e satisfacción, que preso da emoción ao recibir a placa “a banda non procedía” que o acredita coma representante das pedras da zona histórica no globo terráqueo, un nomeamento que aceptou “en media hora” e “mais co corazón que coa cabeza”, como fan os artistas e os lucenses…coño, estas palabras non son sinónimos?

También te puede interesar