RGPD - Cookies
Cultura

As entradas para o concerto de Mika, á venda dende hoxe

MIKAA partir das 09:00 horas, poranse á venda as localidades para o concerto de Mika, que actuará en Vigo, no auditorio de Castrelos, o próximo día 14 de agosto. 

As entradas poderán ser mercadas a través de Servinova ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno) ao prezo de 12 euros en venda anticipada, mentres que o mesmo día do concerto, se queda papel, poranse á venda no despacho de billetes do Auditorio de Castrelos ao prezo de 15 euros

Michael Holbrook Penniman Jr (nacido o 18 de agosto de 1983), coñecido polo nome artístico de Mika, é un cantante, compositor, pianista e teclista líbano-inglés. Destaca por ser diferente. Cunha formación clásica, logra unha mesturanza racial e teatral, que fai dos seus espectáculos algo especial e único. No ano 2007 debutou co álbum Life In Cartoon Motion, do que se venderon case seis millóns de copias en todo o mundo, e no 2009 saíu á venda o seu segundo disco, The Boy Who Knew Too Much. E so con estes dous discos é unha estrela a nivel mundial.

También te puede interesar