RGPD - Cookies
Galicia

Se vas a Arnoia sairás apementado

Igual non teñen tanta sona como os de Padrón, pero non hai quen se resista a eles. Arnoia festexa hoxe a súa trixésimo primeira festa do pemento con 10.000 kilos nos fogóns que se farán recheos de gambas ou de corzo, en tortilla, fritos ou hasta en xeado. Todo para contentar aos miles de visitantes que se achegarán durante toda a fin de semana desde todos os puntos de Galicia.

A festa estará chea de actividades que comezarán ás 11 horas de hoxe e rematarán mañá domingo, como o II Festival de Bandas de Música, karaoke, festa da escuma para os pequechos ou degustacións gratuitas. No apartado musical destacan a actuación de Cristina Pato para pechar o certame, o concerto hoxe de Mutenrohi ou o III Festival Folk do Ribeiro. Dando o pregón, a lingua sempre viperina de Manuel Manquiña.

También te puede interesar