_agenda Agenda

Este verán non esquezas o teu diario

O verán é para recordalo. Por iso, no obradoiro do Marco hoxe os pequechos terán que facer un ‘Diario de vacacións’. Basándose na obra de Rivane Neuenschwander ‘Recife’, os rapaces maiores de 3 anos utilizarán distintos materiais para realizar un calendario-diario de verán, moi diferente do caderno do cole, pensando no que se vai facer nos dous próximos meses.

Será un calendario sen números nin días, pero cheo de petos para gardar cousas realmente especiais: a fotografía dun amigo, unha folla que nos atopamos, unha pedra da praia, un desexo… Se queres participar só tes que estar no museo de 12 a 14 horas e disfrutar dalgunha das 40 prazas dispoñibles. E de balde!

También te puede interesar