_agenda Agenda

Ponte a facer unha obra de arte colectiva no Marco

Unha obra de arte pode mostrarse de xeitos moi diferentes dentro dun mesmo museo: sobre a parede, no medio dunha sala, colgando do teito… ou tamén no chan. Con esta idea como guión e fixándose nunha obra de Álvaro Negro, os pequechos a partir de 3 anos poderán participar no obradoiro que prepara hoxe o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, ‘Marmorado’, no que probarán distintas técnicas para realizar entre todos unha obra abstracta.

O taller, de 12 a 14 horas, ten 40 prazas dispoñibles. ¡E é de balde!

También te puede interesar