Destacados Internacional

Os talibáns executan a un dos soldados norteamericanos que secuestraran onte preto de Kabul

afghanistan1/U.S. ArmyUn dos soldados do exército estadounidense secuestrados onte polos talibáns , foi executado segundo informou un voceiro dos talibán. O militar é un dos dous norteamericanos que foran dados por desaparecidos pola Forza Internacional de Asistencia para a Seguridade en Afganistán (ISAF) e os talibáns reivindicaron onte pola noite que estaban no seu poder.

A súa unidade perdeu a pista dos soldados en Lugar, provincia ao sur de Kabul, logo de que sairan dunha base militar da capital para levar a cabo unha misión de vixiancia. Ás poucas horas o voceiro talibán deu detalles sobre os mesmos indicando que iban vestidos con uniforme de camuflaxe e facilitando os seus nomes. O mesmo voceiro ven de indicar que aínda non se tomou unha decisión sobre a vida do outro militar.

También te puede interesar