Galicia

O Rei pídelle ao Apóstolo amparo para España “e para mín mesmo”

ReiO Rei don Xoán Carlos pediulle hoxe ao Apóstolo que ampare “a España, aos españoles, á miña familia e a min mesmo”. Durante a ofrenda, que o xefe do estado fai por primera vez en varios anos, solicitou axuda para superar “estos tempos difíciles na que hai millóns de españoles afectados” e iluminación para os responsables políticos.

O Rei fixo un chamamento a concordia, ao entendimiento e respeto “aos valores que nos dimos para a nosa convivencia” e pediu que “reine a xustiza“. Tamén tivo unha membranza para os pobos de Iberoamérica e os países daquel continente “que acollen ciudades que levan o nome de Santiago”. En galego, don Xoán Carlos pediulle a Santiago por Galicia, unha “terra cuia xente soubo irradiar ate todos os lugares do mundo a súa forza e o seu espíritu emprendedor”.

Antes de empezar a ceremonia no interior da catedral, don Xoán Carlos foi saudado polos presidentes da Xunta e do Parlamento de Galicia, o ministro de Fomento, o lucense José Blanco, o goberno galego en pleno e os ex presidentes da Xunta, entre eles Manuel Fraga que apareceu en cadeira de rodas. Logo, o Rei pasou revista, acompañado do tenente xeral da zona noroeste, ás tropas que rendiron hoonores militares. Acabada a parada militar, os reis entraron na catedral polo Pórtico da Gloria que abriuse para a ocasión, xa que ate hoxe a única entrada no templo é a da Praza de Platerías.

También te puede interesar