O final das Festas do Apóstolo vai a todo un espectáculo: Elvis Costello, Diana Krall, Mark Knopfler e Jean Michel Jarre actuarán a próxima semana en Santiago dentro da programación do Xacobeo 2010. Costello e Krall darán un concerto dobre o martes 27 de xullo, ás 22.30 horas, na Praza dá Quintana, mágoa que as entradas para esta actuación están esgotadas dende hai días.É a primeira vez que a parella, que tamén o é na vida real, actúa conxuntamente en Galicia. A pianista e cantante presentará o seu traballo ‘Quiet Nights’ mentras que Costello tocará os temas de ‘Secret, profane&sugarcane’.
O día seguinte, mércores 28, Sir Mark Knopfler ofrecerá un concerto no Multiúsos Fontes do Sar para interpretar o disco ‘Get Lucky’. Aínda quedan entradas, pero a 48 €, podes mercala na web de Caixa Galicia, no Corte Inglés e en Tickmaster.
O sábado, día 31, estará en Compostela Jean Michel Jarre, que tocará no Obradoiro a partir das 22.30 horas…menos mal: o acceso é gratuíto.
