Deportes

Contador desenfunda a ‘pistola’ para disparar ao seu terceiro Tour de Francia

ContadorHoxe farase a súa terceira fotografía nos Campos Elíseos coma gañador do Tour de Francia. Alberto Contador, chamado a ser o mellor ciclista español de todos os tempos, deixou sentenciada onte a carreira logo de rematar a contrarreloj entre Burdeos y Pauillac a 31 segundos do segundo clasificado na xeral, Andy Scheleck, ao que antes da proba sacaba só 8 segundos.

Nembargantes, neste caso, o reto non foi doado: durante os 52 kilómetros, tal e coma recoñeceu o deportista de Pinto, veu perigrar o trunfa a causa dun benito de costado que fixo que nalgún momento Scheleck recortase a diferenza a tan só 2 segundos, que Contador foi ampliando a base dun “enorme sufrimiento”, tal e coma manifestó ao chegar á meta.

O sexto español en gañar a proba francesa, foi tamén, en 2007, o máis novo en facelo. En 2008 fixo ‘doblete’ levándose o Giro e a Volta a España, en 2009 alzouse co seus segundo Tour. Contador é tamén o único español e un dos cinco ciclistas, xunto con Jacques Anquetil, Bernard Hinault, Felice Gimondi e Eddy Merkx, que venceu nas tres grandes probas mundiais por etapas, un logro non acadado nen polo mismísimo Miguel Indurain, cinco veces gañador da proba francesa.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.