Cultura Vigo al día

‘A falucheira’, unha dorna xesteira tradicional, faise á Mar en Bouzas

A Faluxeira/Tresyuno ComunicaciónNinguén podería sacarlle máis partido ao pantalán para barcos tradicionais inaugurado hai máis dun ano en Bouzas que a Asociación de Mariñeieros Artesanales e Deportivos San Miguel. O peirao, no que xa hai dezasete tipos diferente se naves históticas de Galicia, entre elas unha traiña de pesca un “racú” de oito metros, varias  gamelas “coruxeiras”, botes pulpeiros, bucetas, ou varios faluchos, típicos do antigo concello de Bouzas, ten dende hoxe unha nova veciña: ‘A Falucheira’, unha dorna xesteira botada polo alcalde. 

Nun acto moi senxelo amadrinado por María Luisa Graña, presidenta de Tragsa, ‘A Falucheira’ fíxose a mar logo de varios intentos por romper na proa unha botella de Albariño que resistíase a acabar polo chan do pantalán. Antes, Graña, agradeceu á Asociación San Miguel que se tivese acordado dela para ser a madriña e pediulle aos membros da mesma, que construiron a nave de xeito completamente tradicional e seguindo unha técnica que tranmitiuse de pais a fillos, que continuasen cunha laboura “que fainos aos galegos que estamos fora sentirnos orgullosos da nosa historia”.

Abel Caballero, que fíxose á mar a un dos remos, cicais lembrando os seus anos de mariño mercante, salientou a importancia de manter as tradicións, o orgullo de Bouzas coma porto pesqueiro e lembrou ás ducias de mariñeiros que sairon e siguen saíndo desta parte de Vigo.

También te puede interesar