Deportes Destacados

Case un centenar de tenistas no Cidade de Vigo feminino

Faltan dous días. O sábado comeza o torneo internacional de tenis feminino Cidade de Vigo, Copa Caixanova, coa fase previa nas pistas de tenis de Samil, aínda que haberá que esperar ao vindeiro día 27 para as semifinais e ao 1 de agosto para a final. Dotado con 25.000 dólares en premios, o torneo ofrece a posibilidade de ver a raquetas internacionais en busca de valiosos puntos e a novos valores galegos que poden gañar experiencia enfrontándose en casa a xogadoras de todos os países.

No campeonato participarán 96 xogadoras de 23 países que están pasando ao primeiro plano internacional. E a oferta é xugosa: a campiona individual levará de Vigo 50 puntos WTA e case 3.000 dólares, mentres que a subcampiona individual e as gañadoras en parella faranse con outros 50 puntos e case 1.200 dólares.

A mellor galega no ranking é Leticia Costas, número 336, e tres das catro invitacións ou wild card da fase final foi dada a xogadoras da terra: Paula Álvarez, Noemí Novo e Andrea Retolaza. A cabeza de serie da proba é a checa Andre Hlavackova, 114 do mundo e asidua a torneos como Wimbledon ou Australia.

También te puede interesar