Agenda Cultura

Norah Jones pasa de suites na súa visita a Vigo

Chega nun camión sleeper con 23 persoas directamente desde Lisboa e o único que coñecerán de Vigo será Castrelos, onde almorzarán, comerán e cearán o día do concerto. Só usarán o hotel para descansar de 6 da mañá a 3 da tarde. Un hotel que deixará a sua suite libre, xa que Norah Jones pediu que se lle cambiase por putra igual a do resto da banda.

Un dos seus únicos concertos en España (estivo onte en Bilbao e o día 16 irá a Peralada) para que xa se colgou o cartel de ‘Non hai entradas’ e que abrirá o programa de Festas de Verán de Vigo o vindeiro 14 de xullo ás 22:30 horas. Como teloneira Sasha Dobson, unha das artistas que forma parte da súa banda e que colabora con Jones dende hai anos.

Jones chega con 8 Grammys ás súas costas, 20 millóns de discos vendidos e co seu cuarto álbum, ‘Come away with me’, no que deixa o jazz para facer unha música cun toque máis de country e rock.

También te puede interesar