_agenda Agenda

O vento acatárrase para os máis pequenos en O Porriño

Os máis pequenos da casa serán os protagonistas esta tarde (20 horas) da programación cultural de verán en O Porriño. Os Monicreques de Kuka traen os seus ‘Contos do vento acatarrado’ á praza Arquitecto Antonio Palacios. Teatro con marionetas que parte dunha estrutura dramática na que se integra teatro dentro do teatro para achegar a todos os públicos de xeito sinxelo unha serie de contos sobre temas como o pacifismo, a ecoloxía e o respeto polo entorno natural, a solidariedade, a xenerosidade e o valor da amizade.

También te puede interesar