_agenda Agenda

Crear unha escultura é un longo proceso

Quince días non é moito tempo para poder facer unha escultura, polo menos se non tes unha idea previa. O arduo traballo realizado por varios escultores en directo no parque de Castrelos será o eixo central do debate que se celebrará mañá no Marco a partir das 20:30 horas, unha charla na que participarán os cinco artistas que levaron a cabo a iniciativa ‘Artistas na rúa 3+2’, enmarcado no proxecto artístico ‘Cidade dos soños’.

Os participantes (Elena Gómez Dahlgren, Rute Rosas, Alvaro de la Vega, Paulo Neves e Manolo Ferreiro Badía) analizarán a iniciativa e as obras creadas co diálogo entre escultura e a natureza como fondo.

Álvaro de la Vega elaborou con pedra e conglomerado asfáltico o ‘Camiño ó bosque’; Elena Gómez fixo con formigón e morteiro unha obra en tres pezas titulada ‘Construcción’; Manuel Ferreiro creou con granito rosa Porriño e diorita a obra ‘Libertad’; Paulo Neves empregou mármore portugués para realizar a obra ‘Anxo’; e Rute Rosas realizou unha obra de xardinería chamada ‘Camiñando’, empregando terra, céspede e pletina de ferro.

También te puede interesar