NorahCastrelos estará ateigado. As entradas para o concerto da cantante estadounidense Norah Jones, que ofrecerá en Vigo o 14 de xullo o seu único concerto en Galicia, están a piques de esgotarse, segundo anunciou a organización, que remitiu unha nota de prensa na que salienta que so queda un cento delas.

A organizadora da actuación, que terá á cantante de jazz Sasha Dobson como teloneira, puxo á venta unhas 1.500 entradas, a un prezo de 12 euros anticipada e 15 euros en taquilla, a traverso de www.servinova.com e da Central de Espectáculos de Vigo.

A artista, que debutou en 2002 co traballo ‘Come away with me’, só ofrecerá tres concertos en España: o 11 de xullo en Bilbao, 14 de xullo en Vigo e o 16 no Festival de Peralada (Cataluña). Norah Jones leva 39 millóns de copias vendidas en todo o mundo e recibiu numerosos premios, estre eles varios Grammy.

También te puede interesar