Cultura Destacados

Mételle un gol aos políticos para que ninguén quede sen escolarizar

Parece mentira, pero a estas alturas do século XXI aínda hai 72 millóns de nenos en todo o mundo que non teñen a oportunidade de ir á escola. Poderían ser os próximos dirixentes, estrelas deportivas, médicos… pero sen educación están condenados á pobreza. Para intentar evitalo e que os políticos cumpran íntegros os compromisos do ‘Cumio de Dakar’ que garanta o acceso a unha educación de calidade para todos antes de 2015, para iso púxose en marcha a Campaña Mundial pola Educación.

E agora en Galicia fan público o vídeo ‘1 Gol pola Educación Galicia‘, que recolle o traballo de meses dun xeito visual e animado no que participaron na comunidade galega Axuda en Acción, Educación Sen Fronteras, Entreculturas, InteRed, Jóvenes y Desarrollo e o Seminario Galego de Educación para a Paz.

No video pódese ver a representantes de diversos clubes deportivos galegos que se adheriron á campaña (Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, Azkar Lugo ou Racing de Ferrol, entre outros) mostrando o seu compromiso cunha educación universal de calidade e gratuita. A representantes políticos de todos os partidos con representación no Parlamento galego asinando na pizarra do compromiso orzamentario para o desenvolvemento educativo en todos os recunchos do plantea. A nenos de diversos centros educativos participando na Semana de Acción Mundial…

Non perdas a oportunidade de disfrutar deste traballo.

También te puede interesar