RGPD - Cookies
Vigo al día

Peinador ten que captar pasaxeiros en Portugal

AeropuertoO alcalde solicitou hoxe a apertura de rutas aéreas que unan Vigo con Londres e Milán, ao tempo que instou á Xunta a potenciar o aeródromo de Peinador para competir co de Oporto.  Así o declarou tras a celebración no Concello do Comité Técnico de Rutas, que reúne a representantes de AENA, da Xunta de Galicia e dos municipios implicados:Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela-.

O alcalde asegurou que a «verdadeira competencia» para Galicia con outras comunidades en materia aeroportuaria está en Portugal e «Vigo compite co aeroporto de Oporto«, non A Coruña nin Santiago. Polo tanto, Caballero instou ao goberno autonómico e ao Comité de Rutas a «centrar os seus esforzos» en Vigo «en interese de Galicia«.

Caballero apuntou nunha dobre dirección para facer competitivo a Peinador: por unha banda mellorar as súas infraestructuras, lembrou que están «en marcha» as obras do novo aparcamento, proxectada a nova terminal e en proceso de resolución da nova pista de rodadura e, por outro lado, ampliar os destinos. Tamén explicou que Oporto está a realizar unha «agresiva» campaña de captación de clientes no sur de Galicia, o que está a repercutir na caída de pasaxeiros que ven experimentando Peinador. O alcalde defendeu a adopción dunha política comercial similar en Galicia.

También te puede interesar