Destacados Vigo al minuto

Urbanismo trae de cabeza ao Valedor do Cidadán de Vigo

O Valedor do Cidadán, Luis Espada.
O Valedor do Cidadán, Luis Espada.

Se tes problemas co Urbanismo, en Vigo non acadarás resposta nin acudindo ao Valedor do Cidadán. Iso é a lo menos a sensación que lle queda ao rexente desta institución, Luis Espada, que desvelou que dende 2002 a 2009 hai case un 13 por cento de expedientes sen resolver, a maioría desta concellería.

A pesares de presentar ao mes tan só 1,5 expedientes por queixas dos cidadáns, quedan sen contestar as reclamacións relacionadas coas obras sen licenza, obras que obstaculizan a calzada, sentencias de demolición por obras se permisos, incumprimento da normativa en alturas, solicitudes de inspeccións técnicas e anexións de terreos en zonas protexidas.

O Valedor do Cidadán aproveitou a súa presencia no pleno para facer unha valoración anual da institución para denunciar a actitude «hostil e entorpecedora» da concellería de Urbanismo, a súa colaboración deficiente e a violación dos dereitos dos cidadáns ante as reclamacións.

Dos 86 expedientes que se rexistraron o ano pasado, 12 estaban relacionados con este departamento, aínda que o primeiro posto era para a área de Movilidade e Seguridade (26). Os temas das reclamacións: contaminación acústica, sancións de tráfico, alegacións ao Plan Xeral ou impostos, entre outros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.