Destacados

Ás 10 da mañán, córtanse ao tráfico as rúas Rosario, Reconquista e Rúa Alta

Obras en Vigo/Tresyuno ComunicaciónPor mor das obras de canalización de saneamento hoxe, día 28, ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana estará pechada ao tráfico a rúa Rosario, o treito entre Travesía Rosario e Pino, con aceso exclusivo para garaxes. Tamén por obras de canalización de abastecemento, desde hoxe ás 10:00 horas e durante sete días, córtase ao tráfico a rúa Reconquista, o treito entre Marques de Valadares e Policarpo Sanz, con aceso exclusivo para garaxes.

 Polo mesmo motivo, tamén quedará pechada ao tráfico o mesmo día, dende as 10:00 horas e durante sete semanas a rúa Alta, con aceso exclusivo para garaxes.

También te puede interesar