_agenda Agenda

O Imaxina Sons arranca cunha lenda da música

Martial Solal.
Martial Solal.

Sexta edición e unha programación de luxo. O Festival Internacional de Jazz Imaxina Sons comeza esta noite (21:30 horas) cun concerto que levantará as envexas do resto de escenarios da cidade: o do pianista e compositor francés Matial Solal, unha lenda da música, que se subirá ao teatro do Centro Cultural Caixanova co proxecto ‘Newdecaband’, no que reúne aos seus colaboradores habituais para un traballo vibrante que soa moi cinematográfico. A mellor apertura para este festival, cun referente do jazz europeo.

Se queres conseguir a túa entrada (entre 9 e 13 euros) podes facelo a través da web, chamando ao 902 504 500 ou na taquilla a mesma tarde do espectáculo.

Aos seus 83 anos, Solal chegou a tocar nos seus inicios con Django Reinhardt e acadou a fama compoñendo extraordinarias bandas sonoras para o mellor cinema francés. O francés será a apertura dun programa que durará ata o 4 de xullo e que contará coa presenza de Root Africaine, Franz Koglmann o Dave Douglas, entre outros, ademáis de pasarrúas, mesas redondas, clases maxistrais e actividades para os máis pequerrechos.

O que se cancelará por problemas de saúde do artista será o concerto do pianista Lluis Vidal, previsto para este domingo ás 19:30 horas no Conservatorio Superior de Música. Durante estos 12 días, a librería Plaxio do Marco funcionará como Punto Imaxina Sons con información e merchandising do festival, así como con publicacións e música á disposición dos visitantes.

También te puede interesar