Deportes Galicia

Chariot, Chumbi… A por eles!

Cinco galegos infiltraranse no Mundial Universitario de Taekwondo que se celebrará desde finais de mes na Universidade de Vigo, catro como competidores e un como árbitro. Fernando Rascado (Tao), Fani Hernández (Natural Sport Riveira), Juan Fernández (Natural de Sada) e Rebeca Mariño (Natural Sport Riveira) terán que competir cos case 300 participantes que participarán nun mundial que por primeira vez acolleraá simultaneamente unha competición de técnica e de combate. Mentras, na parte arbitral acaban de convocar á viguesa María Bautista.

Deste xeito Galicia aporta un cuarto da selección nacional, composta por 16 deportistas. Iso a pesar das dificultades: o vigués Fernando Rascado tivo que desprazarse a Catalunya para unha preselección enfrontándose a un competidor catalán e a árbitros cataláns. “O úico que pedimos é un trato igualitario para todos e coñecer as regras do xogo antes do inicio”, recalcaba a presidenta da Federación Galega de Taekwondo.

Os galegos estarán concentrados dende o vindeiro xoves en Vigo e terán so unha sesión de traballo diaria para chegar ao campionato nas mellores condicións. A encargada de romper o xeo será Fani Hernández, que se estrenará o día 3, mentres que o resto dos seus compañeiros fanaro o último día de campionato, o día 4.

También te puede interesar