Cultura Galicia

Ninguén nos coñece mellor que nós mesmos

A terceira foto gañadora.
'Las huellas del mar', de Ana Belén Rello, mellor fotografía da costa.

Ao final o concurso quedou en casa. Os galegos Ana Belén Rello, Antonio Ramón Martín, María Jesús Villamar e Manuel Bóo foron os gañadores do certame de fotografía turística ‘Galicia… como a ves?’, organizado pola Xunta a través de Turgalicia. Eles foron os afortunados, que saíron vencedores entre 248 participantes de toda España que enviaron máis de 800 imaxes de Galicia que serán usadas nunha campaña de difusión dos valores turísticos galegos.

manuel
'Praza da leña', de Manuel Bóo, mellor imaxe de contorna urbana.

Convocado a primeira quincena de xuño para incentivar a creatividade e participación cidadá na promoción turística galega, todos os participantes podían enviar as súas fotos en formato dixital a través da web do concurso. Para os gañadores, unha fin de semana no establecemento turístico da Comunidade galega que desexen, en réxime de media pensión.

Categorías

Divididos en catro categorías, Ana Belén Rello foi a gañadora do premio á mellor fotografía da costa, coa obra titulada ‘Las huellas del mar’; Antonio Ramón Martín gañou o galardón á fotografía de interior con ‘Ancares’; o premio á mellor imaxe de contorna urbana foi para Manuel Bóo con ‘Praza da leña’; e no apartado de patrimonio cultural o premio foi para María Jesús Villamar, grazas a unha imaxe que leva por título ‘Puerta de otoño’ e que ten por motivo o Mosteiro de Santa Cristina, na Ribeira Sacra.

También te puede interesar