Agenda Cultura

En busca dos piollos en Zamáns

Arrastrando unha vella arca que agocha todo o seu aparello teatral, Ríos e Solano chegan ao aquí e ao agora da representación procedentes dun longo vagabundeo a través do espazo e do tempo. Así arrinca ‘Ñaque ou de piollos e actores’, unha obra de Alicia Teatro para o público familiar que chega esta tarde (20 horas) á Asociación Veciñal San Mamede de Zamáns dentro do programa ‘Vigo a escena’.

Teñen que repetir diante do público un basto espectáculo a medio camiño entre o relato e a representación, pero o cansazo, o aburrimento, as dúbidas e os temores adían e interrompen unha e outra vez a súa actuación nun diálogo que os emparenta con Vladimiro e Estragón, os ambiguos clowns de Samuel Beckett.

Por medio dun diálogo conciso e entrecortado, paradóxico e a miúdo intercambiable, reflicten as contradicción entre o ser e o estar do ser humano no mundo e expón a situación da nosa existencia entre a supervivencia e a morte. A esa encarnación da fraxilidade humana que é o actor, un piollo ao borde da esvaescencia que se sostén en pé grazas á súa memoria.

También te puede interesar