_agenda Agenda

Coñece Tui en clave de pedra

Comienza en 1984 tallando granito e mármore, alternando esta actividade co modelado e baleirado e con técnicas de cantería. E esta tarde (20:30 horas) o artista tudense Rosendo González Martínez, ‘Rosendo’, será profeta na súa propia terra coa inauguración da exposición na sala municipal do Concello de ‘En clave de pedra’, unha escolma da súa producción.

O artista está rematando unha escultura, ‘Sócrates’, que o vindeiro 26 de xuño será reposta nos tudenses Xardíns de Troncoso, de onde fora arrincada en 1936 e que reproduce o monumento elaborado naquelas datas por Benito Prieto Coussent. Pero súas son obras tan dispares como os escudos da fachada exterior do Vicente Calderón ou a escultura moderna no Cheltenham Castel de Irlanda.

También te puede interesar