RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

En Galicia a folga xeral comeza hoxe

As consecuencias da nova reforma laboral sobre a economía da comarca «son nefastas», coa perda de moitos empregos nos principais sectores económicos, como servizos, construción ou banca. Así que a CIG convica a todos os traballadores a participar esta noite (20 horas) na mobilización prevista en 7 cidades galegas e que en Vigo sairá de Vía Norte e rematará no edificio administrativo da Xunta.

Esta será a primeira das medidas que tomará o sindicato galego nos vindeiros días e que inclúe a participación na folga xeral convocada por CCOO e UGT para o vindeiro 29 de setembro.

Para a CIG, abaratar e facilitar o despido, a desregulación dos convenios ou o aumento dos cómputos para a xubilación «constitúen un claro ataque contra os dereitos da clase traballadora». Tamén censurou que se deixe parte do mercado de traballo en mans de ETT e axencias privadas de contratación e adiantou a posibilidade de que os próximos cambios aposten polo recorte de salarios e pensións.

As críticas tamén se centraron no feito de que para saír da crise se optase por estas medidas cando existen outras máis efectivas, como a recuperación do imposto patrimonial e sobre as rendas máis altas e un control efectivo contra a fraude fiscal.

También te puede interesar